mércores, 15 de novembro de 2017

Salamántigas de Oviedo

Un grupo de investigadores mostrou que as salamántigas permaneceron illadas nos patios da Catedral e o convento de Oviedo durante 1.100 anos. Así que evoluíron ata seren xeneticamente diferentes das poboacións que viven nas zonas máis novas da cidade. 
Un dos autores do estudo das salamántigas urbanas, publicado este mesmo ano é o antigo investigador da Universidade de oviedo e agora consultor ambiental, David Álvarez: "Hai animais que veñen á vidade por moitos motivos, mellor temperatura, ausencia de depredadores, maior disponibilidade de comida... [...] Outros quedan atrapados ao medrar a cidade. É o caso destas salamántigas. O muro que separa o mosteiro de S. Paio do patio da Catedral [do s. IX] provocou que as salamántigas dos dous lados do muro leven séculos sen se misturaren", comenta Álvarez. 

As dúas poboacións presentan diferenzas nos seus xenes. Aínda resulta máis chamativo o feito de que os exemplares da Catedral se parezan máis aos doutras zonas da cidade que os que moran no convento. A razón pode estar na Revolución de 1934: "Dinamitaron o muro da Catedral, que non foi reconstruído ata unha década despois", lembra Álvarez, de xeito que durante todo ese tempo as salamántigas catedralicias estiveron expostas ao fluxo xenético das salamántigas do exterior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A música calada, a soedade sonora